Vistas de página en total

viernes, 10 de mayo de 2013

Música.

Ámote,
aínda só escoitándote.
Ámote,
aínda só emocionándome.

E dáslle a tódolos
instrumentos,
e tocas en tódalas
chaves.

E eu ámote,
non podo parar de escoitarte.

E no meu oído
e na miña mente,
méteste,
e deixo de ser inerte.

E meu corpo enteiro
ten un orgasmo.
E son fazulento,
cando me fas estar anoxado.


E eu ámote,
non podo parar de escoitarte.

E levas toda a vida viva.
E fas que eu viva a miña.
E saes de onde queres,
e vísteste como saias.
E consólasme estando mal
e fas que de noite saia.

Gosto cando estás de apalanque,
cando estás tirada na cama,
cando vas de verbena ou
vas de discoteca.

Namórasme nos festivais,
en tempadas estivais,
e dano o meu pescozo.


E eu ámote,
non podo parar de escoitarte.

Non podo vivir sen ti,
eu négome.
Si.
Sen ti non podo vivir.
eu pégome.

E non.
Non teño onde fuxir,
acólleme.
E non.
Non teño máis que oír,
fódeme.


E eu ámote,
non podo parar de escoitarte.






No hay comentarios:

Publicar un comentario