eterno
de que ten unha enfermidade.
Non quere que o malinterpreten
el non ten culpa
corrompeuno a sociedade
que é moi puta
Contaxiase a ela mesma
que dí que é virus
e mellor co sida
(porque ela segue viva!)
e bótanos de menos
pero iso é mentira
que xa non somos nenos
eu mesmo fíxen vida
e xa non fago nin caso
xa pasei este retraso
de que algúns comenten
as fazañas
non feitas
outros dean a razón:
traizoen o seu perdón
vivan con rencor
e loiten sen amor
estou farto da xente empalagosa
Sinte cousas sen sentido
porque non pon sentimento.
Búrlase de todas
e cada unha
das cousas que fai.
'Que tontiña me es!'
E ríese
inocente
cando fai frío é capaz de seguir quente
de tanto que come
porque ten gula
de tanto que envexa
porque ten medo
de tanto que o home
asume, vomita e mexa
como estes versos
e estas verbas
que teñen desorde
porque falan sen paciencia.
Fíxonos así a sociedade
egoístas
onde quedou xa o bullicio...
que controla o que nos pasa
cando nos pasamos da ralla
ácida
inda que nos rallamos demasiado
e presumimos da euforia
eufóricos perdidos
controlando tódolos ritmos
abafando os que bufan
despazo e non moi rápido
máis ben amodiño
encaixando as palabras
pero non a mandíbula
fuxindo dos problemas
e tamén da inxustiza
que dí que é lenda
só sae nas películas
inda que n'as pensa
e máis ben é lenta
como os seus cerebros.
Queixase o bullicio
intenso
de que a sociedade non ten vida
pero ten moitas
e con elas
xoga
practica a masonería
dalles ostias tódolos días e claro...
Berran.
E logo xa se lles pasa
porque total
son tonterías
choran un pouco
fan un charco
tíranse coma porcos
inda sendo tamén narcos
beben algo de viño
fan boas pesetas
vanse buscar tetas
o seu cú e o seu ollo
cambian de postura
e rínse eles
pensando que os que non son así
son tontos
e inflúen e mandan
gobernan, disparan, executan
a toda a masa
descontrolada
por eles mesmos
por ela mesma.
A masa da gorda sociedade
que putea ao bullicio
que é feliz na súa basta ignorancia
e dona do seu corpo
o corazón
late a contratempo...
Coma os reloxos
a choiva e o vento
perfecta, áurea en si mesma
para eles
e para lelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario