das cousas mellores,
a mellor das cousas.
Unha cousa de carallo,
unha cousa con sentimento.
Bocalizas na miña vida
e berrasme nos meus encantos,
dasme forma coma arxila
e quedo duro, coma de barro.
Fasme ser un romántico lobishome
se me ensinas as tetas,
fas que madure
descubra e creza
que te queira con boa letra.
Podes falarme cos ollos,
non podes faltarme coa boca
e non é polos teus bicos
nin polos beizos;
é a túa boca...
Es ti, muller,
quen me iguala
en ser masculino, cando pasas,
de voz de pito, a ter collóns
e a levar ti os pantalóns.
Es ti, muller, quen
debaixo das túas bragas
está a mellor das casas
na que poder vivir os dous.
Provocas tódalas guerras
as túas curvas son un conflicto,
e reinas a competencia
que só alcanzan uns pouquiños.
Grazas a ti,
que sigo vivo
os verbos, son verbas
contigo
sinal do meu compromiso.