Vistas de página en total

miércoles, 26 de febrero de 2014

5.

Estou cheo de preguntas.
Vou estoupar
de tanta casualidade.

4.

Quen nos mandaría
facelo amor entre
paxaros?

Quen nos mandaría
quedar no chan
sen saír voando?

Mandemos rectificalo.

martes, 25 de febrero de 2014

Ría.

Que máis da o que se dixera?
Contouse o inventado nas
batallas dos egos das vilas.

Que máis da o comezo?
Seguíuse nun camiño
de rosas sen espiñas.

As ondas do mar, no que te bañas,
son suaves por ti agarimalas.

Como se pode ser tan xenial
cando non fas por intentalo?
Consegues que continue sendo legal
caendo no mesmo pecado.



domingo, 23 de febrero de 2014

Paralelo sen números.

Parecía que non nos coñecíamos de nada,
ata
pareceu que fora onte a última das xeadas.


Os marcos dos espellos
suxeitábannos ledos e namorados
agardando un bico
para se emocionar.


Semellaba como que,
as patas das camas querían
ter que ver nese
teu corpo
de muller.


Para encherme de vida
chegaba con que te correses.


Foches empregada
para non sobrevivir.


Aprendíasme a fuxir
e fun valente.

O fume ardera
nas lareiras
dos nosos ollos.
Non había medo.


Estabas preciosa
toda inqueda.
Musicabas coa gorxa
estrofas que os trovadores
soñaban nas
élficas
aldeas.


Revolucionabas,
estabas preciosa
toda porreta.
O éxtasis, poderoso,
quedaba
acomodado nun recuncho
do baleiro.


Necesitaches estar comigo
para poder falar soa.
Cheirei en ti
o meu progreso.


Vin nacer de nós un ser perfecto,
co dobre de partes cao resto.
Vin a unión do auténtico e
morrías nos meus desacertos.


No noso lar,
conviven as noites de verán
que se mollaron 
por nós,
batendo contras as rochas,
en forma das
ondas agarimadas
polas luces dos faros.


As pedras foron cómodas
no noso periplo
polo Atlántico.

Lembra,
que onde choraches
non fuches cobarde.


Lembra,
o intre no que te refuxiaches
nos meus brazos;
ficaches atrapada na liberdade.




viernes, 21 de febrero de 2014

3.

E ti, quen es?
Unha complexa máquina
de afogo?
Unha constelación
viva no baleiro?
Es quen me está a
cavala tumba ou a migalla
que me fai enteiro?
Eu serei nós,
prométocho.

viernes, 14 de febrero de 2014

2.

Veñen tempos duros.
Nin treboadas
nin choivas 
nin soles.
Veñen tempos duros
e non hai por que
preocuparse.
Veñen con moita forza
e non hai quen os deteña.

Ti tampouco podes.

jueves, 13 de febrero de 2014

1.

Cada un dos teus puñais,
non son máis que ferro
para o meu corpo.

Sen nada

ESTABAS viva,
respirando dentro de ti.
Abaixo do Sol,
nas quentes chairas,
ti, tímida,
entusiasmada;
coa boca pechada
cantabas.

Eras entendida,
dando igual
o que soltaras.
Xa comera antes
dese prato.
Gostei.

Estabas viva,
soubeches 
matalos días.
Non había
pedras que saltar.

Estabas viva,
agora sobrevives.
E mañá?
Será outro día.

domingo, 2 de febrero de 2014

Sol, parte 2.

Soy un ocupa de la nada,
creando en ella vida humana.
El estallido que dio esperanza,
se arrepiente de tanta bondad
y no sabe que es;
no sabe que debe ser,
porque ya son imposibles
de responder,
esas preguntas del ayer.
Se congela la tierra.
Grande, sola y bella,
quisiera ser estrella
para darse calor a si misma.
No quiere ser violada
por los que fueron robando
cada hectárea de carisma,
cada ola desperdiciada,
extrañada por los peces
habitantes de anárquicos bancos
que no se mueven,
son nómadas sedentarios.
Emigran los meteoros,
buscando un mundo mejor.
Y miro detrás de cada planeta,
encontrando hermosas lunas,
cada una de ellas, más llena.
Miro a lo lejos el horizonte,
negro e inalcanzable,
que por más que quiera cogerlo
siempre va, de mi, delante.
Soy tierno,
entrañable en el invierno,
el centro de atención;
no hay mejor sistema que el mio.
Todo gira a mi alrededor
porque si, porque me necesitan;
puedo y lo digo yo.
Yo no quiero quedar solito,
aunque ya es tarde para decirlo.
Su vida sin mi es un peligro
y mi fin, será su eterno precipicio.