Vistas de página en total

domingo, 18 de enero de 2015

Dependencia.

Non hai día que non chova
sen que chova tamén na miña alma.
Teño o corazón que semella unha cova
chea de gretas que se levan a palma.
Chegas e, riba dos meus xeonllos, posas,
fas que se me arrastre o orgullo diante,
fasme sentir cousas fermosas,
bolboretas que, dentro de min, atopan o aire.
Morro de frío coa saraiba,
morro un pouco máis se vén co vento
que se co teu veleno, a monxa máis sabia
non sería quen de clausurarse nun convento
sen poder verte os ollos na mañá,
sen espertar co Sol ao carón.
Queimándome o pel coa mirada
e facéndome ter cancro de amor.
E se bebo de ti, eu que me emborracho
se fumo o teu alento, se me coloco,
se co teu sudor acabo todo posto,
se posto estou porque me pos...
Se es unha droga, se es un paracetamol,
se me levas pouco a pouco á morte,
se consegues que se me vaia a dor...
Ti segue matándome, facéndome vivir mellor.
Descubrireino algún día por casualidade,
cando xa non teña ningún valor,
pode que sexas a miña enfermidade,
a miña adición e o meu descontrol.



No hay comentarios:

Publicar un comentario