Ti vas nunha dirección
e eu vou na contraria.
Noxo, o que se apodera de nós;
fóllanse as nosas miradas...
Non é que isto sexa adicción,
non é unha escena moi cotiá...
Dime cal é o teu prezo,
canto me vas custar...
'E son o dono e señor,
donante de suor
tunante, facedor,
maleante deste amor.'
Quen puidera selo mediador
que pactase coas túas nalgas!
Déixanme tolo cando pasas,
apodérase de min o calor.
Intocables cando lles minto,
mais tócoas, vólvome sumiso.
Pero elas quérenme a min,
as miñas pernas...
'E son o dono e señor,
donante de suor
tunante, facedor,
maleante deste amor.'
E só fas falta ti
que só me faltas a min...
Mañá volvereino intentar,
agora déixoche ir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario