Vistas de página en total

sábado, 19 de septiembre de 2015

Cruzalo charco, dobre sentindo.

Cando os cabos me deixen ser libre
e a túa roupa non impida que che mire,
serei, un pouco máis firme,
consciente e forte por velo teu corpo sublime
que me ensina a non rendirme,
a loitar e soñar pola xustiza que esixes
e por eses ollos de cor mel,
doces e pegañentos, libres de rimel.

Quizais, nunha parte dunha historia,
non quixemos facernos mágoa.
Dalgún xeito, son sempre as gaivotas
as que non manchan das súas cagadas.

Eu só quero ver o fin deste horizonte
para poder vivir contigo de lonxe.
Son unha especie de ser vivo
que por incercia, non deixa de quererte.

Donos do medo e do mar...

Tan natural coma contrario,
son sempre sen deixarme ser.
Funme, teño doble horario,
vivo sempre en pendente, prendido da miña muller.




No hay comentarios:

Publicar un comentario