volveríame namorar.
Son infeliz dende o mesmo momento que madurei,
doume noxo se non estou con ela; preciso sentirme eu.
Nas prazas, imperia o baleiro,
nos berces, algo vai mal.
A súa cona faime un esteiro
e eu bebo dese manxar.
Somos merda e somos pan,
unha fotosíntese de capital.
Manipulables pra xogar.
Cuspo toda a merda,
pola graza de Deus,
que de non existir faime partilo cú
pra cagar todo o que les.
Chingados os que choran polas despedidas,
polas festas que xa remataron.
Que se se visen en cada semáforo
gañando o pan, tentando facer marabillas
sentiríanse cans,
rosmando de toda parvada
e da súa merda de vida.
tentando non voltar á ladrada,
tentando vela inxustiza.
tentando non voltar á ladrada,
tentando vela inxustiza.
Mais xa non volvo a vista atrás,
xa non retorzo o pescozo onde non hei de mirar.
Sempre cara adiante, inda caer,
érguendome xusto despois,
rimándome versos tolos de fé,
tomando cacao e odiando o café
escribindo todo o que son,
pra poder ser todo o que ves.
pra poder ser todo o que ves.
No hay comentarios:
Publicar un comentario