Vistas de página en total

viernes, 24 de enero de 2014

Bos días.

Erguíaste pola mañá,
espida, ollando a fiestra.
Espertábanse comigo os teus brazos cando te estirabas.

Mirei o teu pelo rozándoche as costas;
facendo un xesto, movíase para saudarme.

A lúa deixáranos sós, 
quería que aproveitásemolo día.

Ti non tiñas sono,
eu quixen espertar.

Fuxiu o auga da billa
para que os nosos rostros cobrasen vida.

O espello, cheo de carraxe e envexa,
imitaba cada un dos nosos bicos.
Os paxariños entoaban a nosa melodía
que se convertiu na banda sonora
de cada un dos meus sorrisos.

A temperatura sobraba,
nós eramos os precisos.
Se había sol ou nubes,
non o sei.
Só quixen saber iso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario