Na
illa, sexa cal sexa.
O
Sol quenta como profesión;
namentres
estamos ti máis eu
unidos
nun, os dous.
Nas
pedras, que non se queixan,
cheirabamos
o aire do mar,
a
area seca.
Ficaban
diante de nós,
mirando
expectantes,
as
gamelas.
Non
imaxinaron á fin,
era
difícil vela.
Mais
agora estamos aquí.
xuntos
na distancia,
agardando
a que morra,
agardando
a que se vaia.
E
dime ti, cando voltaremos
a
velas.
Bótannos
de menos,
o
Sol xa non quenta.
Convidounos
o verán,
que
vaiamos en parella
no
navío que atraque,
nesa
illa; nas túas veas.
Pasan
os días e o frío
xa
non se nota.
Nas
conserveiras arruinadas
crebadas
polos ventos,
afogados
sen alento
voltan
respíralo mar,
a
area seca.
E
ti non o imaxinas
porque
vives toda inqueda,
desexando
que che arrastre
onde
sube esta marea.
Berran os cormoráns,
(as gaivotas nin se enteran)
que as campás soen
e que regrese Carmela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario