Vistas de página en total

domingo, 2 de marzo de 2014

Traizón (A caída do Imperio Sanguíneo).

Unha vida non é suficiente
aínda que
sexamos nós quenes o digan.
Mira cantas verbas!
Escoita cantas mentiras!
Xa non creo nada 
que o mundo, só me engana.
Non sei se ti...

"Rompeuse a túa correa
causando este accidente.
Destrozando esta cidade
que só quixo quererte."

Ti, aparentabas sela casa
onde escollín morrer e
leváchesme ao tanatorio.
Puta.
Que non me entendes!
Que non me sentes!

Unha vida non é suficiente,
non é
porque non sabes
nin entendes
nin sentes.
Abonda con que non se diga.
Fágase todo, vivido.

"Rompeuse a túa correa
causando este accidente.
Destrozando esta cidade
que só quixo quererte."

Neste cárcere no que me purgo
non hai nada puro.
Estivéchelo a foder ben,
moi ben.
Desgarráchelo,
famea polas veas
corrompendo ás arterias.

Non escoitáchelas normas
de limparte
pra morrer decentemente.
Pensaba que me sabías,
que eras ti de verdade.

"Rompeuse a túa correa
causando este accidente.
Destrozando esta cidade
que só quixo quererte."

No hay comentarios:

Publicar un comentario