Vistas de página en total

martes, 25 de marzo de 2014

Tira cara adiante.

Eu só quero que me digas
que ti tamén quedas aquí.
(Eu son a túa compañía
e quero que me mandes quedar)
Non hai verdades nin mentiras
mais todo nos queda por dicir.
(Non hai nada que se negue,
chegou o intre de ser feliz)
Desexo que sexas miña
no mar, no ceo e nas súas rúas.
(Eu desexo que me pidas
que en todo o mundo eu sexa túa.)
Xa non temos que mirar atrás,
xa non queda nada que pagar.
Vente comigo
e dame a man.
Que somos amigos
e somos irmáns.
Adeus aos precipicios
que xa non hai máis!
Se a Lúa sae de noite,
é pra ir bailar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario