Hoxe voume cruzar cun gato negro,
vou romper espellos, abrir un paraugas
nun sitio cuberto e despois de todo isto
levantareime da cama, co pé esquerdo.
Hoxe vou ser vencido, sen ser á terceira,
vai chover sen que me molle,
voume rompela cabeza.
Fareime, tamén hoxe, un entorse na lingua,
alén dos teus bicos, que me fan ser mixiricas.
Vexo o Sol na madrugada,
a Lúa non existe, tan só é un reflexo,
un nexo entre a vida e o baleiro,
que comeza a sentirse só: sen gravidade e sen medos.
Hoxe o mundo, vai xirar cara o outro lado,
ou mellor dito, vai quedar estancado,
vaise contaxiar do ego humano,
vaise anoxar e vaille mandar ao Sol
que sexa el quen, agora, siga xirando.
E xirando, xirando, ímonos dando voltas,
imos coñecendo todos os espazos,
ímonos mirando polas costas.
Somos, as ganas de xurar,
de facer, de dicir e crear,
o que levamos dentro e queremos ser,
unha imaxe digna da verdade,
que nos guíe e nos ilumine ben.
Hoxe, todo é borralla,
manchada de tinta asasina
que, agochada na burocracia,
como un virus, lento, complica.
Onte deixaba as cousas a medias
sen final, hoxe optei pola rebeldía.
Hoxe digo cousas bárbaras,
verdades como puños e moitas mentiras.
Hoxe é un día imposible,
porque quero vivir pero xa estou vivindo
e non sei por onde comezar.
Non sei andar na terra nin nadar no mar.
Hoxe, xa non estou coma onte,
que non sabía que pensaba
nin pensaba no que quería.
Teño as cousas máis claras
e a ti máis lonxe do que me gustaría.
Hoxe, imos escribir coa boca,
e as fotos, han desaparecer nos momentos.
Imos facelo sen demora
para que este poema que che escribo
non teña argumentos.
Vistas de página en total
domingo, 31 de mayo de 2015
domingo, 17 de mayo de 2015
Cocaína.
Nin por ser pura, vaime dar pureza
nin por ser branca,
vai deixar que a miña vida, sexa negra.
Esnifo...
Liñas, curvadas e rectas,
nin por ser branca,
vai deixar que a miña vida, sexa negra.
Esnifo...
Liñas, curvadas e rectas,
secantes que semellan dúas pernas abertas,
tanxentes que se rozan
como dous adolescentes,
meto paralelas e perpendiculares,
liñas sen pendentes.
Touca, coca, farla, farlopa:
o intre no que o meu nariz
traballa coma unha aspiradora.
Respiro, e agardo impaciente
a que unha auguiña ácida
comece a durmirme os dentes
e baixar ao padal, a gustarlle,
a facerme mal, a activarme.
Un segundo, pode ser,
o que lle leve a tardar,
a chegar ao meu cerebro
e facelo unha flor do mal,
a acaricialo corazón,
cun taquicárdico ritmo,
que comeza e nunca acaba
como o mono do que son sumiso.
Si, non é un vicio, é unha adición,
unha puta señora de branco.
Que pouco a pouco
vai despedíndome do Sol,
a intalarse no meu pulmón,
a foderme incando os cóvados,
coma traballa o meu maior.
Síntome mal, necesito máis,
a solución é o problema,
eu son o meu triste final.
Unha punta, unha chave,
un dedo, restregado no esmalte dental.
Un taboaleiro, un móbil,
un tute, un billete,
ou mellor dous máis
para pagalo pollo do próximo venres.
Hoxe estou eufórico,
frenético, hoxe gústome
e estou paupérrimo.
Hoxe fago un Colombia - Vilagarcía
só nunha viaxe de ida.
Con e, pola, mellor amiga,
a que eu fago, dona da miña vida.
Hoxe, o meu tabique, ten un campionato:
que sexa, por un, sexa por dous,
alén do meu gusto, vou perdelo olfato
e a entrar en contacto,
cunhas pupilas enormes, color rato,
papando teito, no meu leito,
pensando, que sería de min
se non fose tan desfeito.
Pero ao feito, peito,
eu son o meu pleito,
o meu final, o meu comezo,
son crimes sempre abertos.
A cocaína fixo de min, que,
esnifase a vida, consumindo o tempo.
Hoxe estou eufórico,
frenético, hoxe gústome
e estou paupérrimo.
Hoxe fago un Colombia - Vilagarcía
só nunha viaxe de ida.
Con e, pola, mellor amiga,
a que eu fago, dona da miña vida.
Hoxe, o meu tabique, ten un campionato:
que sexa, por un, sexa por dous,
alén do meu gusto, vou perdelo olfato
e a entrar en contacto,
cunhas pupilas enormes, color rato,
papando teito, no meu leito,
pensando, que sería de min
se non fose tan desfeito.
Pero ao feito, peito,
eu son o meu pleito,
o meu final, o meu comezo,
son crimes sempre abertos.
A cocaína fixo de min, que,
esnifase a vida, consumindo o tempo.
miércoles, 6 de mayo de 2015
Arrepentida.
Hoxe o vento sopra forte,
tan forte que me bica nos beizos
e sen ser vento do norte,
morde e faime sangue. Rebéntamos.
A choiva xa non me molla,
deixa que a leve o vento.
E é que a este váiselle a olla
e non me quere dar bó tempo.
Pero eu quero que o Sol saia
e en saia poder verte.
A ver, se podo non tocarche as pernas...
E se non me botas en falta,
e pola rúa non queres verme,
beberei para afogalas miñas penas...
Hoxe o vento sopra forte,
sópralle á Benemérita.
Seica está preto da morte
de beber tanto xenebra.
A puta da choiva non me molla,
non me da ningunha pena.
E é que de comer tanta polla
podería estar chorando lefa.
Pero eu quero que te vaias,
que te vaias ata lonxe.
A ver, se non escoito os teus lamentos...
E as túas mentiras nunca calan,
deixa que o alento sopre.
A ver, se che leva o teu puto vento...
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)