Vistas de página en total

domingo, 17 de mayo de 2015

Cocaína.

Nin por ser pura, vaime dar pureza
nin por ser branca, 
vai deixar que a miña vida, sexa negra.
Esnifo...
Liñas, curvadas e rectas,
secantes que semellan dúas pernas abertas,
tanxentes que se rozan
como dous adolescentes,
meto paralelas e perpendiculares,
liñas sen pendentes.
Touca, coca, farla, farlopa:
o intre no que o meu nariz
traballa coma unha aspiradora.
Respiro, e agardo impaciente
a que unha auguiña ácida
comece a durmirme os dentes
e baixar ao padal, a gustarlle,
a facerme mal, a activarme.
Un segundo, pode ser,
o que lle leve a tardar,
a chegar ao meu cerebro
e facelo unha flor do mal,
a acaricialo corazón,
cun taquicárdico ritmo,
que comeza e nunca acaba
como o mono do que son sumiso.
Si, non é un vicio, é unha adición,
unha puta señora de branco.
Que pouco a pouco 
vai despedíndome do Sol,
a intalarse no meu pulmón,
a foderme incando os cóvados,
coma traballa o meu maior.
Síntome mal, necesito máis,
a solución é o problema,
eu son o meu triste final.
Unha punta, unha chave,
un dedo, restregado no esmalte dental.
Un taboaleiro, un móbil,
un tute, un billete,
ou mellor dous máis 
para pagalo pollo do próximo venres.
Hoxe estou eufórico,
frenético, hoxe gústome
e estou paupérrimo.
Hoxe fago un Colombia - Vilagarcía
só nunha viaxe de ida.
Con e, pola, mellor amiga,
a que eu fago, dona da miña vida.
Hoxe, o meu tabique, ten un campionato:
que sexa, por un, sexa por dous,
alén do meu gusto, vou perdelo olfato
e a entrar en contacto,
cunhas pupilas enormes, color rato,
papando teito, no meu leito,
pensando, que sería de min
se non fose tan desfeito.
Pero ao feito, peito,
eu son o meu pleito,
o meu final, o meu comezo,
son crimes sempre abertos.
A cocaína fixo de min, que,
esnifase a vida, consumindo o tempo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario