Vistas de página en total

domingo, 3 de febrero de 2013

O camiño.(VERSIÓN CURTA)

Cando digo que a vida é coma un camiño constante non minto. Para facer máis claro este exemplo sairemos a ese camiño andando en bicicleta. Porque cando nacemos non podemos valernos por nós mesmos, son os amos de nosos pais os que están aí para guiarnos, como cando non sabemos andar ben e precisamos unhas rodas de apoio na bici. Pouco a pouco é cando comezamos a andar nós sós, e comezamos a ignoralos sabios consellos de quen nos deu a vida. E aumentamos a velocidade, e comezamos a facer piruetas, e saltamos, e cometemos irregularidades e non facemos caso dos sinais porque, na adolescencia cremos sabelo todo, ata que levamos unha ostia por non frear a tempo.
Por fortuna, temos a persoas que topamos no camiño, que metemos na nosa vida, no noso camiño, que nos axudan a erguernos, a curalas feridas e a montar de novo.
Atoparémonos tamén a xente que queiran adiantarnos, aínda que sexa ilegalmente.
Pero así como aprendemos a andar en bici aprendemos tamén a vivir, e o saber vivir, ao igual que ao andar en bici, é algo que transmitimos aos nosos descendentes, porque os queremos.
Cando, cansos, rematamos este camiño, non morremos, preparámonos para aprender a voar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario