Vistas de página en total

martes, 5 de febrero de 2013

Poeta.

A quenes chamamos poetas? Quenes merecen tan gozoso privilexio? Quenes gañaron tan admirable título?
Quenes poden chamarse así e presumir diso? A pregunta está dentro de cada quen, dentro dunha opinión individual, sabia, que fala cós nosos sentidose onde tamén fala o corazón.
Para algúns un poeta é aquel escribe cun sentido da métrica e da rima, para outros chega con ter unha boa letra. Uns pensan que a poesía pode ser todo, así como non pode ser nada. Pénsase tamén que os poetas son aqueles que coas súas verbas fannos pensar, fannos chorar, fannos voltar a aquel intre perfecto que marcou a nosa vida, fannos rir, fannos esquecer... Poeta é aquel que transmite unha emoción, un estímulo, con verbas que, ordeadas e seleccionadas de tal xeito, fan que ese poema se involucre na nosa natureza.
Poeta é aquel que escribindo unha verba, dí todo o contrario. Poeta é aquel que ten que escribir para non morrer. Poeta é aquel que consegue que volvamos ler o que escribe. Os que teñan estas capacidades, os que queiran tela, son os verdadeiros poetas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario