Que cachonda estás Galiza,
como estás e como te quero.
Que se por admirarte fose...
Eu son dos teus galegos.
E é que hei de sentirme galego
do corpo á mente, enteiro.
Podo vivilos sentimentos
cheos de orballos,
eucaliptos, estércol,
praias e carballos.
Sei moi ben ao vento
que me sacude do veto
a aspirar, rápido ou lento,
toda unha vida ao teu peito.
Presumo de mamar das túas fervenzas,
dos teus ríos e lagoas,
de nadar coas troitas e as lampreas,
de ter morriña cando che deixo
e de Rosalía cando me chora.
Loito pola xustiza que se alonxa
por manter vivas as fronteiras.
Polas conserveiras, secas e lonxas,
polas vacas, os grelos e as peixeiras
polo mar que te baña,
polo océano que ben te leva.
Prego, á Virxe do Carme que navega
nos candís das dornas e das gamelas,
porque me deixes selo camiñante dos teus montes,
e porque sigas sendo un botafumeiros, os seus bispos e monxes.
Traballo no faro das illas que te gardan,
constrúo os piornos que te desalgan,
en Padrón, poño cada un dos teus pementos,
na Limia, poño cada unha das túas patacas,
fago as ondas de Fisterra
e baixo nos ríos d'A Baña.
Á Ría de Arousa, doulle bateas
e aos teus Entroidos, doulle as gaitas.
Para as festas, licorca e caña de herbas,
en Compostela, nos días de choiva,
verde da túa marihuana.
E é que es ti así, que estás cachonda
bailando muiñeiras
e eu que son así de triste, se é que te marchas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario