Vistas de página en total

miércoles, 15 de abril de 2015

Ao meu amor, á miña nación.

Foches unha ánima 
compañeira da Santa Compaña
agás na túa soidade,
que ben che tiña acompañada.

Metícheste no lume,
asumiches o calor e a luz 
coma un raio que che alcanzou ao nacer nas papas,
cando chorabas e non querías comelas.

O fervor da terra
cando está chea do orballo
é un xantar que gosto lamer 
no teu peito armado
cando te deitas agardando 
a que che metan man
e facer da túa cona, unha ría.

As fervenzas dixeron 'basta!'
ao ver o teu cabelo bufándolle
as túas cadeiras.

Nos serradoiros, a madeira
está indignada porque non quere suxeitarte
e alá en Arabia, o petróleo
dí que por que hai que vestirte
se a beleza non hai quen cha quite,
que o que quitamos,
quitámolo ao chou.

O Sol vén e vai rápido,
pois xa estás morena dabondo.

A min deixáchesme igual de claro
que as aguas de Rodas,
aínda que ás veces me pregunte
se o vento pode despeinarte.

Seica que o mundo dí 
que contigo non hai quen poida
porque tampouco hai quen che entenda
e iso que ti a min me fas pouco a pouco.

Ti sábesme ben
e por isto cando miro o auga
véxote fermosa no ceo, entendendo
que de non ser por ti, 
non sei se non chegaría a ser eu.

 

miércoles, 8 de abril de 2015

Fogar, sen luz.

Meterche a pirola na cona
é coma chegar a casa;
chea de humidade, dame calor.

Meterche a pirola na cona
é coma ter un fogar sen luz
porque esta, está nos teus ollos ao metercha.

E quero vivir nun fogar sen luz,
coa luz por fora, coma os días de Sol
e ter a excusa de metercha sempre
e non sacala, facendo de por vida o amor.

Facendo o amor de por vida
só che pido que abaixo ou arriba.
Non tes que cansarte se non queres,
ti só abre as pernas ou abre a mente,
deixame abanicarte a nuca co meu alento
e bicarte a espalda cando suxeites a parede.

Deixame brindarte o meu corpo,
o meu cariño e o meu amor.
Só pido que sexas a miña casa,
o meu fogar sen luz e vivir no teu interior.


lunes, 6 de abril de 2015

Isto non é normal.

Foxes do vento do norte,
dos cabos afiados que agardan as ondas
                                               
Non comulgas coa violencia
                                                  pero fas dano, 
                                                   moito dano

                         Tes a cabeza chea de ideas enxebres,

    progresas por auga, mar e terra

Saltas riba de min e caes 

                                       de cabeza
                               na miña


Os teus ollos vanse perdendo     

                                              entre todos os meus acordes
                                     coma se os visen
                                                    

                 A seguridade precisa de ti

                                   e do teu pesimismo


          O medo vai visitarche en cada pensamento

                              cando desasosegas
                      
              Agora estou máis en contra dos teus xeitos
                       que me piden
                          que me dan piedade
    
                                 
 O espello do baño queda con ganas de máis

             

           -Algo está pasando 
                                        sexa bó ou malo
           algo está a pasar

      Es a primeira en sabelo se non che gusta

 se é bó,
         só aquí,
                     voucho contar.

Descomposto.

Férbelle o sangue ao mundo
que estoupa nos seus volcáns,
pónse de mala ostia
porque o humano non sabe calar.
Xira, dándose a volta
por non querer velo máis
pero cona! Parece que chove,
e hai que coidalos animais.

Sufre alzheimer na Historia,
non sabe dos lacazáns
que rínse sen ser escoitados
e cun puro en cada man.
Pobres que cheos de cartos
matan ricos a traballar.
Eles xa están todos cansos
porque á boca non se levan o pan
e eles xa están todos fartos
de que sempre decidan animais
e é porque sempre 
lles deciden os demais.

Foxe da gorxa un verme
que cuspe un home con cada palabra,
porque a merda que come e bebe
non é de cagar e a fala cando non debe.
Morre a vida cansa de tirar
dos que a persiguen sen nai nin can
que lles faga sentir, que lles faga chorar,
que lles faga seguir outro día máis
e non poden, e tiran,
do anterior xornal que se esgota,
efímero, coma un bico de verdá
E as cousas non cambian
e non seguen igual
e as patadas non doen
pero fannos sangrar
e os caídos abrazan
o seu doce final
cos seres queridos;
de condón, un cristal
que tomas á noite
para vivir e bailar,
máis intensamente,
e querer e bicar,
porque con vergonza non sabes
e non sabes sentir o que é a realidade
mais isto todo é falso,
xa non podo seguir máis,
que me maten calando
pero que non maten aos meus irmáns.