Foxes do vento do norte,
dos cabos afiados que agardan as ondas
Non comulgas coa violencia
pero fas dano,
moito dano
Tes a cabeza chea de ideas enxebres,
progresas por auga, mar e terra
Saltas riba de min e caes
de cabeza
na miña
Os teus ollos vanse perdendo
entre todos os meus acordes
coma se os visen
A seguridade precisa de ti
e do teu pesimismo
O medo vai visitarche en cada pensamento
cando desasosegas
Agora estou máis en contra dos teus xeitos
que me piden
que me dan piedade
O espello do baño queda con ganas de máis
-Algo está pasando
sexa bó ou malo
algo está a pasar
Es a primeira en sabelo se non che gusta
se é bó,
só aquí,
voucho contar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario