Férbelle o sangue ao mundo
que estoupa nos seus volcáns,
pónse de mala ostia
porque o humano non sabe calar.
Xira, dándose a volta
por non querer velo máis
pero cona! Parece que chove,
e hai que coidalos animais.
Sufre alzheimer na Historia,
non sabe dos lacazáns
que rínse sen ser escoitados
e cun puro en cada man.
Pobres que cheos de cartos
matan ricos a traballar.
Eles xa están todos cansos
porque á boca non se levan o pan
e eles xa están todos fartos
de que sempre decidan animais
e é porque sempre
lles deciden os demais.
Foxe da gorxa un verme
que cuspe un home con cada palabra,
porque a merda que come e bebe
non é de cagar e a fala cando non debe.
Morre a vida cansa de tirar
dos que a persiguen sen nai nin can
que lles faga sentir, que lles faga chorar,
que lles faga seguir outro día máis
e non poden, e tiran,
do anterior xornal que se esgota,
efímero, coma un bico de verdá
E as cousas non cambian
e non seguen igual
e as patadas non doen
pero fannos sangrar
e os caídos abrazan
o seu doce final
cos seres queridos;
de condón, un cristal
que tomas á noite
para vivir e bailar,
máis intensamente,
e querer e bicar,
porque con vergonza non sabes
e non sabes sentir o que é a realidade
mais isto todo é falso,
xa non podo seguir máis,
que me maten calando
pero que non maten aos meus irmáns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario