Vistas de página en total

martes, 24 de febrero de 2015

.

Fai xa moito tempo que non sei o que fago.
Non sei andar, porque tropezo e acabo no chan,
non sei respirar, porque ata os pulmóns dín estar cheos.

Fai moito tempo que non sei ben que me pasa.
Igual porque son eu o que pasa de saber, ignorante,
de todo o que xira ao meu redor, de chegar canso a casa.

Fai moito tempo que non sei o que digo
e debe ser iso o que me confunde, porque non sei calar.
Non me gusta o silencio, non o busco, non o entendo...

Fai xa demasiado que non sei quen son,
non sei se é que estou perdido, non sei se comecei a buscar,
non sei se me darei atopado... É que nin sei que estou a falar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario