disto de entregarte a min
e deixar a un lado o egoísmo
que sempre se apodera de ti.
Por cada vez que te pechas
vou abríndote pouco a pouco,
achegándome
que lonxe quedas
e inda así,
eu que o soporto,
que che vou otorgando todo
para non pertencer a outra
e para non pertencer ao odio.
Quero que mo digas moza.
Cando fixeches algo por min
que eu non che pedise?
Morto de cansancio de tirar contigo
adiante, porque
rara vez
insinuaches
amarme.
Debes de terlle medo a que che rouben
o corazón, que só o utilizas pra later.
Poucas palabras, moitos espazos,
inclinacións sempre para o mesmo lado
lares cheos de todo menos do sentimento de fogar,
alboradas que son noite e nunca chegan á mañá
rotas por dentro, viven no aire e non saben voar.
Débiles latido que se van apagando,
lentos, pobres e cheos de dor
como a lareira, coa pota e o caldo
arden, sen facedor do seu amor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario