Vistas de página en total

miércoles, 11 de febrero de 2015

Se cadra

Se cadra, pasa porque anoitece,
o ceo vólvese rosa
e non me gusta outra cousa
que ti cando me meces.

Se cadra, pasa porque prefiro o silencio,
que fale a túa mirada
e me berren os teus bicos
dentro da boca, retumbando coma o eco.

Se cadra, pasa por hipotecarche a miña vida,
Por adquirir un corpo, cheo de intereses
que me obrigan 
a estar en débeda con cada gota túa de saliva.

Se cadra, pasa porque non quero que pases,
porque non quero eu pasar,
porque non quero que pasen,
porque de pasar, non podo deixar nin que marches.

Se cadra, porque se faltases
sería unha persoa máis entre millóns
aspirando a algo pouco proporcional;
ser gañador íntegro do teu amor.




No hay comentarios:

Publicar un comentario