Se cadra porque o vento
vai na miña contra,
penso moito máis lento
e tomo malas decisións.
Que por cada vez que cuspo aos de fora
de seguido que a saliva frea e vólveme ao mentón.
E sen embargo, vou aprendendo a ser xusto...
Unha intranquilidade constante
a que me leva
a pensar en que sería de non terte coñecido
a desexar un oxalá, un 'non caerá esa breva'
a seguilo meu camiño e non caer contigo.
E vou aprendendo a ser dono do meu destino...
Foderíate todas e cada unha das mañás,
ensinaríate como vai iso de amar;
de amor e morder, de morrer por errar...
Mais eu xa non podo, non te quero máis.
Xa ves,
o egoísmo ten unha cura egoísta,
soluciónase a base de paus, de sangue,
de non querer ser tan lista
de saber que hai máis xente
e que a xente non sempre che sabe.
Tes que ir aprendendo que o amor non é de un...
Foderíate todas e cada unha das mañás,
ensinaríate como vai iso de amar;
de amor e morder, de morrer por errar...
Mais eu xa non podo, non te quero máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario