Está todo sucio,
desordeado.
Vouno facer ben,
cando deixe de mentirme.
Fora chove,
fai Sol e volve chover,
non sei se saír abrigado.
Saio e non sei se volver.
Hoxe é un día triste,
a ver que é o que fago!
Se deixara de ser tan vago
igual a vida sería un chiste...
Hoxe é deses días
nos que te miras ao espello
e non te ves.
Maduro un pouco máis cando
saio limpo da ducha
e sigo cheo de merda.
Fai xa moito que os porros
deixaron de morarme
e de facerme rir por todo.
Xa non estou namorado deles,
pero como cada ex-moza,
hai días nos que se volve caer.
Non me gusta estar borracho,
gustaríame vivir noutra dimensión
e é por iso que para matalo rato
non paro de beberlle ao alcohol.
Dóeme máis a resaca que a cabeza.
Quixera terte diante pero tamén me doerías.
Es ti o meu corazón cando latexa
sabedor, con moito honor, das túas inxustizas.
Aficionado a ser un cobarde,
a non coller e levantarme,
a erguerme da cama sen que sexa tarde
vexo vir ao tempo. Véxoo vir mais vaise.
No hay comentarios:
Publicar un comentario