Vistas de página en total

jueves, 18 de abril de 2013

Ti.

O PRACER.

E tocala trompeta
coma un mariachi,
e despois fumalo.

E verte espida co
teu ardente corpo,
e despois empalmarme.

E cando escribo isto
doume conta do que fago,
isto é a arte pola arte.

E na praia que
une ás illas,
e aí quérote.

E fale do que fale,
tanto ten o que diga,
es fermosa e artística.

E pensar que es
laranxa, e cómote
vestida de chocolate.

E cando esperto,
na cama, os teus
peitos son a almofada.

E na praia que
une ás illas,
e aí quérote.

A LUXURIA.

Vexo como me miras,
como te apropias
da miña mirada,
que mira como me miras.

E lembro como chovía,
como abafaba contigo enriba
e como querías comerme,
sendo eu quen te comía.

Estaba desabrigado sen
a calor do teu corpo,
tan só e mollado,
eu sentíame morto.

E ti rozábasme paseniño
e metíache os dedos,
e nos meus oídos
os teus xemidos eran benvidos.

E agora o Sol
abafa con nós,
que no auga do mar
facemos o amor.

E os días son nosos
e os deuses morren de
envexa, Atenea e Zeus
síntense sos, por non
telo cariño que ti
me das, que é meu.

Arderemos no inferno
onde despois do lume
ficará só o fume,
castigo da nosa luxuria.

A TÚA PARTE.

Verás, son túa,
porque mo fas,
porque chega a min,
sei que é gritar
grazas a ti.

E se che mordo
os beizos é
porque dentro
de min sei
que estás mellor.

E vexo todo vermello
ao teu lado,
aínda que eu
sexa laranxa,
fasme arder de amor.

E a seguridade que
teño fai que a
soidade me deixe
mentres ti es quen
me deixa sen verbas.

E non hai son
que sexa tan
correcto coma
a natureza
que creamos.

Ese ecosistema
onde a vida
é creada por
nós, o noso
fillo será Amor.

E os meus
suspiros chegan
a ti, benvidos
aos teus oídos,
ben acomodadiños.

E na praia
que une ás illas,
e aí quéresme.
E non é suficiente,
e entón ámasme.

DESPOIS DE TI.

E que vai ser de min?
Cando sei que foches ti
quen morreu por eu
non estar aí?
Por non coidarte
eu descoideime.

Síntome como Petrarca
e quero que vivas.
Farei todo o posible,
por morrer e amarte
na praia que une ás illas.

E como praia que
une dúas illas,
Amor uniunos a nós.
Tanto ten se morro
porque el é quen
seguirá aí, vivo.
Da igual se morro
se no inferno,
estou contigo.

Choraría se te ías
e agora choro porque
ti, morreches.
Todo era máis fácil,
agora morro da dificultade
e lembro
que na praia
que une ás illas,
que aí, quíxente.




No hay comentarios:

Publicar un comentario