'De moda está morrer de fame na África,
De moda está durmir na rúa en Europa.
Está moi ben que nos boten das nosas casas
e non ter que levar a nosa boca.'
Vaime estoupala cabeza, eu xa o vexo
tanto tempo pensando, que será o que merezo?
Outro mundo, sen ningunha dúbida,
unha esperanza que afonde no humano,
nunha crenza que me encha de vida.
A igualdade, imploro, pídoa con clemencia,
que xa non son eu só, pídevola a decadencia
deste mundo, que só para para os que teñen cartos,
os porcos, os ruíns, facedores de mendigos e ratos.
Eu doume unha volta, xiro sobre o meu redor,
e non vexo máis que porcas preocupadas do seu fedor
importado, do seu vestido curto, dunhas medias transparentes,
facéndolles xogo coa ignorancia e estar faltas de mente.
Chámame egoísta, mais quero merecelo ca ti.
Un mundo cheo de aire, auga e saúde,
que faga frío ou faga calor, sexa cun ceo azul ou gris.
Quero que se encha de futuro e non de azufre.
Saberías explicarme onde está a liberdade?
Quero pensar que nas persoas, vexo que están no diñeiro,
para mercar uns tacóns e estares á moda
e os que sacan a pastar ás vacas non teñen nin para queixo.
E quéixome eu, non me podo calar máis,
non podo ver como non goberna a sensatez e gobernan animais,
que son capaces de inventarse guerras,
que llas sudan as vidas humanas
se poden gañar máis terras.
E aí os tes, príncipes felices, infantas contentas.
Empresarios, explotadores, presidentes, estafadores, xornalistas, redactores,
facedores da ignorancia que me sacude por dentro, provocando tremores.
E faime terremoto, e remóntoche, que por cada sílaba gañada,
unha pancarta escrita, unha nova manada que vai lotar á manifa,
un berro de solidariedade, cos que queren o mesmo e son ignorantes,
unha festa de democracia, que se acaba coma todas, coa chegada da policía.
Unha cuestión máis deste todo nada, corazón dun mundo, que late inxustiza.
E ti mírasme, asustada, que será o próximo que veña?
Eu xa non podo, non podo ser máis pesimista. Que se isto non escribo,
afogo, mais se polo menos, soubese o que digo, falaría.
Non pretendo solucionar nada, aínda que si me gustaría.
Agora confórmome con terte na almofada, no comezo das noites e o final dos días.
Seino. Son tonto, pero entendelo non é cuestión de tolos, é cuestión de vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario