Vistas de página en total

lunes, 14 de enero de 2013

A miña nai.

De ti sí que podo dicir unha cousa,
é que es a muller da miña vida.
Non poderei dubidar diso nunca,
pois ti es quen puido darma.

Sei que o meu corazón é insuficiente,
non hai prezo para compensarte.
Podes estar tranquila por min, por todos,
pois non tes que facer máis, nada máis.

Ficou moi ben demostrado o que vales,
e o pouco que tes que facer, para facer moito.
Se digo que sinto admiración, que me prendan,
porque é imposible sentir tan esaxeradamente pouco.

Como ben sei que te terei sempre, por fortuna,
que saibas que me terás a min, en virtude.
Como é certo que dín, nai só hai unha,
e así é, por sorte, contigo non necesito máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario