Vistas de página en total

miércoles, 30 de enero de 2013

Virus.


        Hai intres nos que me paro a pensar, a reflexionar, a fedellar no sentido que teñen todas e cada unha das cousas que hai neste mundo. É difícil solucionar esa dúbida, posto que non sei aínda que significado ten a cousa máis importante, que é a vida. Como dixo "o meu exemplo a seguir alemán" é imposible saber o significado da vida, o seu valor.
        É por iso que sempre me pregunto se paga a pena matar a persoas indefensas e inocentes por gañar terras, cartos e supremacía. Se paga a pena asasinar por un defecto "xenético" como é a codicia. Se paga a pena amar por unha persoa que non quere ser amada, por ti, e que non ama. 
         É pouco certo dicir iso de que aos homes nos queda pouco para a nosa existinción. Lembro unha canción que dí algo así como que xa se nos pode chamar virus, a verdade é que cunha asombrosa exatitude. Invadímonos coa incultura, coa pasividade, a irresponsabilidade, violencia, incoherencia, falsidade, gula, mentira.... Pouco a pouco esas persoas seguen fodéndose a esa corrupción que as contaxia, unha corrupción velenosa, que acaba coa túa vida dun xeito bastante lento, e coa que debes avisar ás demais persoas de que a tes, para tomar precaucións e non ser infetadas.
        Afortunadamente, hai persoas que son sanas e non consumen apariencias e modas, persoas que xa saben cales son aquelas enfermas ás que non deben amar, polas que non se pode loitar e coas que só podes tentar aliviala súa dor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario