Vistas de página en total

viernes, 18 de enero de 2013

Confusión.


Que tiven feito? Non fixen nada.
Tentei contentarche cas miñas caricias e cos meus alentos
mais fracasei no intento.
Foi amor o que houbo?
Ti queríasme? - Non.
Non me querías nada.


Deste burato negro non saio;
tristeza, preguntas e incógnitas.
Lembranzas, morriña, bágoas;
quero saír, non vexo a saída.
Non volverei velo sol de maio.

Vivo por algo, loito por todo.
Gaño na vida, perdo na morte.
Loitemos, verás que sinxelo.
Non penses en ter sorte.
Dime que podo.
Porque ti podes.
Mata a túa confusión.
Estamos nesta vida por algo.
Mata a túa confusión.
Chegamos aquí por ese algo.
Mata a túa confusión.
Pois é agora ou despois, nunca será tarde.
Non penses no tempo perdido, adiante.
Non sexas egoísta, tes que pensar en todo.
Porque o que está escrito non é só para ti.
Porque do pesimismo chegaches a motivarte
e é esta confusión quen chegou a contentarte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario