Vin a cor das súas costas,
de cor verde os outeiros,
de cor azul as súas augas,
de marrón os seus cabos.
Vin unha figura moverse,
escoitei o son dunha gaita,
cantaba unha fermosa muiñeira,
diante da Santa Compaña.
Vin como a Costa da Morte,
facía realidade o seu nome,
como a caída foi rápida,
e a gula do mar foi lenta.
Vin a forza das súas augas,
como rompían con forza,
os altos e traballados cabos,
e unha choiva monzónica.
Vin a luz saíndo do faro,
e as velas dunha procesión,
abraido quedei chorando,
pois fun eu, quen se suicidou.
Que directo. Suicideime. Por que? Foi a Santa compaña?
ResponderEliminarClaro, está basado nesa crenza, nas persoas que ven unha procesión ou enterro e que son eles quenes morreron!
ResponderEliminar